13 Marzo, 2024
Os/as veciños/as do barrio de Recatelo trasladan a preocupación pola insuficiente iluminación que teñen na zona en rúas como Cidade de Viveiro, Isaac Pardo, Vila de Sarria e Avelino Pouso Antelo.
Neste momento, no que se están peonalizando rúas do barrio e que se pretende impulsar a hostalería e o comercio da zona, desde a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti cren que é totalmente imprescindible dotar a estas rúas dunha iluminación adecuada.
Deste xeito, o colectivo solicita á Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo que se dote ao barrio de Recatelo de máis iluminación e que sexa intensa, moderna e non contaminante. Así mesmo, solicitan que nos orzamentos de 2024 se contemple unha iluminación adecuada para a zona.
FONTE: LUGOXA. 13/03/2024.