Select Page

28 Marzo, 2024.

A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti volve denunciar a situación do leirapárking situado nas inmediacións do HULA. Fai un ano, denunciaban máis de 200 fochancas, pero na actualidade xa son “máis de 250 fochancas as contabilizados, o que ocasiona graves danos nos vehículos que diariamente van ao HULA”.

O colectivo pregúntase cando van arranxar as deficiencias e cando se vaia  drenar o terreo. “Agora co 5 % da PXOM xa aprobado, xa se pode asfaltar o leirapárking e canalizar a auga”. Contabilizan uns 4.000 vehículos que se dirixen diariamente ao complexo hospitalario, polo que solicitan un maior compromiso e que se poña unha solución a esta situación.

FONTE: LUGOXA. 28/03/2024.

GalegoEspañol