17 Abril, 2024
A veciña de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), nacida 1989, Tania Fernández Lombao, aceptou o convite da comisión organizadora da Moexmu para ser a pregoeira da XXXIII edición da Festa da Filloa de Muimenta. A lectura do mesmo, terá lugar o mércores primeiro de maio, no Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, a partir das 13:30 horas.
A xornalista é licenciada de Xornalismo e doutora de Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desempeñou o seu labor profesional na radio en Lugo e foi responsable dende o ano 2017 de programas na Radio Galega, e dende o ano 2021, directora e presentadora do programa CLAC da TVG.
Actualmente compaxina o seu labor como docente do Grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, con proxectos de investigación sobre os medios de servizo público en Europa.
Segue aberto o prazo, ata o 22 de abril, nos centros educativos e ata o venres 26 de abril nas oficinas da Moexmu, para a presentación de traballos (debuxo ou relato) da XXIV edición do Concurso da Filloa.
FONTE: LUGOXA. 17/04/2024.