Select Page

O pasado luns, 15 de abril do presente ano 2024, representantes da Federación de AA.VV. da Coruña e Área Metropolitana, mantivemos unha reunión informativa coa xefatura de Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, na Subdelegación do Goberno na Coruña.

Foi unha xuntanza moi interesante onde coñecemos o estado e proxectos para a ampliación de Alfonso Molina e para a «Cuarta Ronda».

Presentamos as consultas realizadas previamente a aquelas Asociacións Veciñais federadas que, polo seu ámbito territorial, serán as máis afectadas polas actuacións a realizar e resolveron tódalas dúbidas que lles plantexamos.

Agradecemos a Demarcación de Carreteras a súa colaboración e transparencia, o tempo que nos adicaron e a claridade nas explicacións, así coma o material que nos facilitaron.

GalegoEspañol