Select Page

19 Abril, 2024

O vindeiro venres 26 de abril terá lugar a tradicional entrega dos galardóns Milagrosistas do Ano 2024, unha cita que se presentou na sala de xuntas da Deputación de Lugo. De novo, na lista de premiados atópanse dende concelleiros, membros de asociacións, médicos ou veciños da zona aos que recoñecen o seu compromiso social. Entre eles están Emilio Álvarez Gómez, veciño da Milagrosa; Cintia Fogueira Cobos, investigadora postdoctoral; José Conde Vales, xefe de Cirurxía do HULA; Antonio López Díaz, reitor da USC ou Olga López Racamonde, titular da Concellería de Benestar Social e Maiores.

“Estes premios xa superan as tres décadas de existencia e están consolidados como unha auténtica tradición na cidade de Lugo e na provincia para recoñecer o traballo e o compromiso social de persoas, entidades e empresas”, valorou José Tomé Roca, presidente da Deputación. Tomé quixo felicitar á Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa “por manter viva e fortalecer ano tras ano este evento, e tamén por toda a actividade que desenvolven en defensa do seu barrio”.

Os premiados desta edición son Emilio Álvarez Gómez, veciño da Milagrosa; Cintia Fogueira Cobos, investigadora postdoctoral; Juan José Fernández Arrojo, Subdelegado de Defensa de Lugo; Eva Real Devesa, policía local; Sonia Verdes Gil, directora da Granxa Gayoso Castro; Susana Vázquez Mariño, xuíza; Manuel Touceda Souto, coronel xefe da Comandancia de la Garda Civil de Lugo; Francisco Javier Carballada González, médico especialista en alergoloxía; Esteban Patiño Alves, director do Centro Comercial As Termas; José Conde Vales, xefe de Cirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) e Carmela López Moreno, Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.

Políticos, médicos e concelleiros

Tamén resultaron premiados Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Provincial da Coruña; Eusebio Sánchez Álvarez, xefe de produción en Puleva Food, S.L; Moisés Muñiz García, xefe da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Lugo; José Manuel Rigueiro Veloso, director de Zona Centro ABANCA Lugo; Noemí Fraga Corredoira, directora do Servizo Provincial de Muface de Lugo; Manuel Buján Peón, Asociación Senatus Lucus Augusti; Antonio López Díaz, reitor de la Universidad de Santiago de Compostela; Pilar Ferreiro Martínez, xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo e Olga López Racamonde, titular de la Concellería de Benestar Social e Maiores.

O presidente da Deputación destacou, ademais, a importancia dunha “sociedade civil activa, reivindicativa e atenta”, que é “o termómetro que mide a calidade da democracia e que sinala o camiño da convivencia”. Por iso, dende a institución provincial teñen “sempre a man tendida á cooperación co movemento veciñal da provincia, como facemos coa Asociación de Veciños da Milagrosa, tanto para organizar os Milagrosistas, como para outras iniciativas, como pode ser a Feira de Produtos do Campo e Artesanía”, engadiu.

Pola súa parte, Miguel Fernández puxo en valor a importancia destes galardóns para un barrio con identidade propia. “Cando chegan estas datas, grazas á perseverancia dos organizadores, todos temos en Lugo sinalada esta cita como un evento ineludible. A importancia destes premios radica no valor que ten para a nosa sociedade o labor que as persoas galardoadas desenvolven en distintos ámbitos da vida”.

Trátase dunha cita que contribúe a divulgar a identidade do barrio da Milagrosa. “Un tesouro cultural que define unha parte fundamental da nosa cidade e que desde o Goberno local apostamos por conservar e dinamizar con iniciativas que van desde o eido urbanístico ao ámbito social”, sinalou Fernández.

FUENTE: LUGOXA. 19/04/2024.

GalegoEspañol