O vindeiro 14 de maio do presente ano 2024, martes, a partir das 11h., a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro», celebrará unha Asemblea Xeral Ordinaria, na que abordará temas de interese para a sociedade galega, como a campaña levada a cabo -conxuntamente coa Confederación Estatal de Asociaciones Vecinales – C.E.A.V.- para evitar que o «apagón dixital» anunciado por Telefónica/Movistar deixe sen conexión a veciños/as de zonas onde aínda non se finalizou a instalación de fibra óptica; ou, tamén, a campaña emprendida desde a CoGaVe para a fin do monopolio da I.T.V., entre outros moitos temas.
A cita será na cidade de Lugo, no local social da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito de A Milagrosa.