Select Page

A Coruña acolle o 7, 8 e 9 de xuño a súa cita anual na defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito a Refuxio da man do movemento Acampa pola Paz. Este ano, o foco do encontro internacional pousará sobre a infancia e a mocidade refuxiada.

Queda moito traballo por facer, e precisan voluntarios e axuda para a montaxe do campo simulado de persoas refuxiadas, que comezará o martes nos Xardíns de Méndez Núñez, así coma mantas, sacos, etc.

Se queredes colaborar podedes contactar con loxistica@redeacampa.org

O domingo 9 de xuño ás 12 horas será o Minuto de Silencio unitario en lembranza da infancia asasinada.

Toda a información en https://coruna.redeacampa.org/es/

GalegoEspañol