Select Page

Dende a Federación provincial de AA.VV. de Lugo «Lucus Augusti» -membro da CoGaVe- diríxense á Conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para trasladar as as peticións das asociacións veciñais da provincia.

Imaxe de arquivo

31 May 2024.

Dende a Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti diríxense á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García Martínez, para trasladar as as peticións das asociacións veciñais da provincia en canto á lei de dependencia.“Estamos a recibir moitas queixas de persoas maiores e familiares dos trámites lentos, dificultosos e tremendamente burocráticos que supón a Lei de Dependencia. Temos testemuños de xente que a Lei de Dependencia desde que a pediu ata que lle resolveron, tardou preto de 2 anos, cando a espera media para completar un caso está en máis dun ano e medio”.

A Lei de Dependencia é moi importante, xa que unha vez que se avalía o grao de dependencia, a persoa afectada pode ser receptora dunhas axudas, e esas axudas sonlle moi necesarias para pagar parte dunha residencia privada ou pública ou para servizos complementarios. “Non criticamos, nin culpamos aos profesionais que están a avaliar aos dependentes. Solicitamos á Xunta de Galicia, que dote de moitos mais medios humanos para avaliar o grao de dependencia das persoas”.

En moitos casos, cando se resolve o grao de dependencia, “a persoa xa faleceu, co cal non puido beneficiarse destas axudas, tendo que custear do seu peto todos os gastos necesarios para a súa atención”. Aseguran que se trata persoas vulnerables, de colectivos de persoas maiores dependentes que “necesitan axudas e que, por culpa da burocracia e a falta de medios para avaliar a dependencia, non recibir as axudas cando as teñen que recibir. É inadmisible que unha persoa teña que esperar preto de 2 anos para beneficiarse da Lei de Dependencia.

FONTE: LUGOXA. 31/05/2024.

GalegoEspañol