A Federación provincial de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» de Lugo -membro da CoGaVe- e a Confederación Hidrográfica Miño – Sil colaboran para limpar os ríos da provincia
Tras a reunión celebrada, chegouse ao acordo facilitar unha relación de zonas dos ríos da conca fluvial Miño-Sil que as asociacións das zonas afectadas están a demandar.
En Pacios de Veiga piden retirar a madeira do río; en Santiago de Reigosa (A Pastoriza) piden a limpeza, roza e retirada de árbores no rega das Quintas e no da Rigueira; en Begonte queren que se actúa no Parga dende Baamonde; en San Martín de Guillar (Outeiro de Rei) piden a roza no río pequeno e en Mirada (Castroverde) piden a limpeza no río Tórdea dende Mirandela a Uriz.
No caso de Láncara, solicitan traballos no río Neira e Sarria; en Castro de Rei demandan actuar no Azúmara; en Vilalba, no Magdalena e no Corgo piden limpar a maleza e as árbores caídas do Chamoso, así como no Narla en Friol. En Monforte, piden a limpeza do Cabe e do Arriba; en San Vitorio demandan traballos de corta, roza e limpeza de camiños e en Vilapedre (Sarria) piden retirar árbores caídas.