Select Page

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo

Rego de Vilamoure, en Lugo.

8 Ago. 2024.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo. Esta semana comezaron unha intervención, de natureza puntual e selectiva, ao longo dos 850 m do Rego de Vilamoure, co obxectivo de mellorar a capacidade hidráulica do leito (inclusive a extracción de tapóns illados ao longo do tramo) e da composición da vexetación de ribeira.

Para iso procédese á retirada de árbores secas, en pé e derrubados con estabilidade comprometida e á eliminación de tapóns limitadores do paso de auga. Estes traballos executaranse de forma manual nas ribeiras e con apoio de maquinaria para retirar as madeiras situadas dentro do propio leito.

No caso de curtas de amieiros, aplicaranse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni. O investimento estimado superará os 19.000 euros. As actuación están incluídas na conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) dos ríos da Demarcación Miño-Sil para 2024.

FONTE: LUGOXA. 8/08/2024.

GalegoEspañol