Select Page

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Casro» – CoGaVe, compartimos e sumámonos ás palabras, dor e pésame transmitidos pola Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana tralo falecemento de D. Santiago Rey Fernández-Latorre:

«Con tristeza, desde a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana lamentamos profundamente o falecemento de Santiago Rey Fernández-Latorre, unha figura clave e de enorme relevancia na historia recente da nosa cidade e de toda Galicia.

Santiago Rey Fernández-Latorre dedicou a súa vida ao xornalismo e á defensa dos valores democráticos e sociais, sempre comprometido coa liberdade de prensa e coa veracidade informativa. A súa traxectoria como presidente e editor do grupo La Voz de Galicia marcou un antes e un despois na comunicación e na cultura do noso país, sendo un referente de integridade e compromiso coas causas xustas.

Queremos expresar as nosas máis sinceras condolencias á súa familia, amigos e a todas aquelas persoas que tiveron a honra de traballar ao seu carón. A súa perda deixa un baleiro irreparable, pero o seu legado continuará vivo nas páxinas da nosa historia e na memoria colectiva de toda a cidadanía.»

D.E.P.

GalegoEspañol