Está próxima ó parque de Castrelos, nunha vía estreita moi utilizada para atallar ó hospital Álvaro Cunqueiro
https://www.g24.gal/-/mobilizacion-contra-unha-gasolineira-low-cost-en-vigo?jwsource=cl
G24.gal 12:43H. Última actualización 14/09/2024 13:56
O proxecto para instalar unha gasolineira de baixo custo nas inmediacións do parque de Castrelos en Vigo ten en pé de guerra a veciñanza do barrio.
Argumentan que é unha zona verde na que eles non poden facer nada, nin sequera poñer un asadeiro para o churrasco.
A zona, entre o parque de Castrelos e o Lagares, ten moi malos accesos e moito tráfico xa que moita xente atalla por aquí para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro ou á factoría de Stellantis.
Hai dous aspectos que enervan á veciñanza: o secretismo co que se desenvolveu o proxecto e o restritivos que son en urbanismo e patrimonio con eles, mentres deixan que se constrúa unha estación de servizo ao carón das súas casas.
Os afectados están a loitar en todas as frontes posibles: recollen sinaturas, cortarán o tráfico e non desbotan a vía legal.
FONTE: G24.gal. 14/09/2024