Select Page

Hoxe, venres 18 de outubro, a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -membro da CoGaVe- mantivo unha xuntanza co Sr. Concelleiro de Urbanismo e Vivenda do Excmo. Concello de A Coruña, D. Francisco Dinís Díaz Gallego, para coñecer de primeira mán o proxecto de As Xubias.

Solicitaron esta reunión, desde a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, á que asistiron con veciños e veciñas da zona e representantes doutros colectivos, para tratar o convenio asinado, os prazos do proxecto e algunhas dúbidas sobre o mesmo.

GalegoEspañol