Select Page

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa solicitan que se teña en conta a reparación nos orzamentos de 2025.

3 Dec. 2024.

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, piden á Concellería de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo a reparación do pavimento e do debuxo con forma de estrela da rúa Divina Pastora, «xa que se atopa en mal estado».

Esta petición, tal e como sosteñen, xa foi realizada en varias ocasións, pero «segue sen repararse, polo que solicitamos nos orzamentos de 2025 téñase en conta dita reparación».

Así mesmo, tamén instan a esta Concellería de Movilidad e Infraestruturas do Concello de Lugo, para que nos orzamentos de 2025 contemple o cambio de luz a luces led nas rúas, «que están sen cambiar, por exemplo na rúa Milagrosa, onde a iluminación é deficiente e escasa», conclúen.

FONTE: LUGOXA. 3/12/2024.

GalegoEspañol