Select Page

Programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» 2021

Na segunda metade do ano 2021, desde a Confederación Galega de Asociacións veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, puxemos en marcha o programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», no marco dun convenio de colaboración entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a posta en marcha dunhas xornadas de concienciación e sensibilización da lacra social que é a Violencia de Xénero.

Realizáronse 7 xornadas, mantendo tódalas medidas requeridas polas autoridades sanitarias a fin de previr posibles contaxios durante a pandemia pola Covid19.

Percorremos as 4 provincias de Galicia. Estivemos en Lugo cidade, A Coruña, O Carballiño, Vigo, Poio e Sarria.

Contamos coa intervención de profesionais de diferentes eidos, xa que desde a CoGaVe entendemos que a loita contra a Violencia de Xénero debe facerse desde un enfoque multidisciplinar. Por iso, contamos con profesionais do mundo da psicoloxía, da docencia, da pedagoxía, do Dereito, e tamén da autodefensa e seguridade.

Agardamos ter contribuído a que a sociedade se conciencie acerca deste gran drama que estamos a sofrir, e para o que temos que estar unidos -mulleres e homes- ata lograr erradicalo da nosa sociedade.

De seguido adxuntamos imaxes das diferentes xornadas levadas a cabo.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 6 de novembro de 2021. Lugo

O Presidente da CoGaVe, D. Fernando Rois Rois, inaugurou a xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero», xunto coa coordinadora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé -á súa dereita-; ademáis do Vicepresidente e Voceiro da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo e Voceiro da CoGaVe, D. José Manuel Carballo Vázquez -á súa esquerda-; e o instructor D. Iván Rodríguez Zapico, que dirixiu a xornada.
O instructor experto en Defensa e Seguridade, do clube «OVIEPOL» e da «Federación Asturiana de Luchas Olímpicas y otras disciplinas» D. Iván Rodríguez Zapico, durante a súa intervención.
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do pasado sábado 6 de novembro de 2021 en Lugo.

O sábado 6 de novembro de 2021, no local da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. Entrechán C. 27.003, Lugo- tivo lugar a presentación e primeira das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento e posta en marcha do citado programa de prevención e sensibilización da lacra social que é a Violencia de Xénero.

A presentación da xornada correu a cargo do Presidente da CoGaVe, D. Fernando Rois Rois; ademáis da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé; e do Vicepresidente e Voceiro da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -ademáis de Voceiro da CoGaVe- D. José Manuel carballo Vázquez, como representante da Federación de Asociacións Veciñais anfitriona.

Dita xornada levou por título «Taller de autoprotección para a Muller», e foi impartida polo instructor experto en Defensa e Seguridade, ademáis de membro do clube «OVIEPOL» e da «Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas» D. Iván Rodríguez Zapico.

A xornada, de máis de 3 horas de duración, contou coa receptividade e participación do público asistente -tanto feminino como masculino-, así como de diversos medios de comunicación, que comprobaron, in situ, a necesidade de coñecer as reaccións do propio corpo ante unha inminente agresión, e as medidas de prevención que se deben ter sempre en conta para a propia seguridade.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 11 de novembro de 2021. A Coruña

A Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Dna. María Luisa Varela Ínsua -de chaqueta negra, no centro da imaxe- xunto coa coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé -de chaqueta vermella-; a Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña -Dna. Judit Fontela Baro -á dereita desta última-; a Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña, Dna. Eudoxia -«Yoya» Neira Fernández -á esqueda de Dna. María Luisa Varela Ínsua-; a Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Coruña, Dna. Nazareth Cendán Gayoso -no centro da fotografía-; a súa compañeira Concelleira do Grupo Municipal no Concello de A Coruña, Dna. María Teresa Gutiérrez Roselló -de abrigo marrón, á dereita de Dna. Judit Fontela Baro-; e as profesionais que interviron na xornada, Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de verde-; Dna. Paula Suárez Gullón -no outro extremo da imaxe-; Dna. Noelia Gómez Díaz -de blanco, á súa dereita-; e Dna. Annie Buquet Segarra -de negro, á súa dereita-.
Dna. María Luisa Varela Ínsua, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -de chaqueta negra-; Dna. Judit Fontela Baro -á súa esquerda-, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña; Dna. María José Villamarín Santomé -de chaqueta vermella, á súa esquerda-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández -no outro extremo da mesa-, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña, durante a presentación da xornada.
As catro profesionais que participaron na xornada: Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de chaqueta verde-; Dna. Noelia Gómez Díaz -ó seu carón-; Dna. Paula Suárez Gullón; e Dna. Annie Buquet Segarra.
Dna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervención
Dna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervención
Dna. Noelia Gómez Díaz durante a súa intervención
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Judit Fontela Baro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña.
Dna. Noelia Gómez Díaz; Dna. Paula Suárez Gullón; Dna. María del Carmen Rivas Fernández; e Dna. Annie Buquet Segarra durante a presentación da xornada
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do progarama «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» deste xoves 11 de novembro de 2021 no Centro Cívico «Os mallos» de A Coruña

O xoves 11 de novembro de 2021, no Centro Cívico «Os Mallos» de A Coruña -Avda. de Arteixo, 147. 15.007, A Coruña-, celebrouse a segunda das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcada nun convenio de colaboración entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a posta en marcha deste programa de sensibilización e prevención da lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada estivo presentada pola Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -Federación anfitriona-, Dna. María Luisa Varela Ínsua, así como pola coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé.

Asimesmo, participaron na presentación Dna. Judit Fontela Baro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na Delegación de A Coruña, como representante da Administración Pública que asinou o citado convebio de colaboración coa CoGaVe; e, tamén, Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña. Ademáis, asistiron representantes de grupos municipais, como as Concelleiras Dna. Nazareth Cendán Gayoso e Dna. María Teresa Gutiérrez Roselló, do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Coruña; ou a ex Subdelegada do Goberno na provincia de A Coruña, Dna. Pilar López-Rioboo.

A xornada consistiu nunha charla-coloquio cun enfoque multidisciplinar, dirixida por catro profesionais de diferentes perfís:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga especialista en intervención social.

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vitimas de Violencia de Xénero.

Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

A xornada prolongouse durante máis de dúas horas e contou coa receptividade do público asistente, que plantexou dúbidas e cuestións ás profesionais durante as súas intervencións.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 12 de novembro de 2021. O Carballiño

D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense -de chaqueta azul-; Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» -de chaqueta amarilla, á súa dereita-; D. Claudio Ferreiro Carnero -á súa dereita-, Vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense e Vicetesoureiro da CoGaVe; e máis membros da Xunta Directiva da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense. Ademáis, as tres profesionais que interviron nesta xornada, á dereita da imaxe: Dna. María del carmen Rivas Fernández, no extremo; Dna. Noelia Gómez Díaz, á súa dereita; e Dna. Sonia Calvo Tato, ó seu carón.
D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, e anfitrión da xornada -de chaqueta azul marino-; Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» -de chaqueta amarilla, á súa dereita-; D. Claudio Ferreiro Carnero, Vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense e Vicetesoureiro da CogaVe -á dereita desta última-; e máis membros da Xunta Directiva da Federación anfitriona.
D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense; e Dna. maría José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CogaVe, durante a presentación da xornada en O Carballiño
Mesa de profesionais desta xornada: De esquerda a dereita da foto, Dna. María del Carmen Rivas Fernández, Dna. Sonia Calvo Tato e Dna. Noelia Gómez Díaz
Dna. María del Carmen Rivas Fernández, Dna. Sonia Calvo Tato e Dna. Noelia Gómez Díaz durante as súas intervencións
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» deste venres 12 de novembro de 2021 en O Carballiño, Ourense

O venres 12 de novembro de 2021, celebramos a terceira xornada do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcado nun convenio de colaboración entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha de dito programa de prevención e sensibilización contra a lacra social da Violencia de Xénero ó longo de toda Galicia.

A presentación da xornada correu a cargo de D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, e anfitrión nesta data, xa que tivo lugar en O Carballiño -provincia de Ourense-, concretamente no centro sociocomunitario -Rúa Julio Rodríguez Soto, 37. 32.500, O Carballiño, Ourense-; e de Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero».

Ademáis, participaron na mesma D. Claudio Ferreiro Carnero, Vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, e Vicetesoureiro da CoGaVe; e máis membros da Xunta Directiva da Federación anfitriona.

A xornada consistiu nunha charla-coloquio dirixida por tres profesionais de diferentes perfís:

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

O público asistente -tanto masculino como feminino, e de idades diversas pero con predominio de terceira idade- mostrouse moi receptivo ás intervencións das profesionais e participaron activamente no coloquio que se xerou ó remate da xornada.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 17 de novembro de 2021. Vigo

A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé -de blusa rosa e chaqueta blanca-; Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, á súa dereita; e Dna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións veciñais «Eduardo Chao» de Vigo -de abrigo blanco, á súa esquerda-. Con elas, á esquerda, Dna. Annie Buquet Segarra; Dna. Paula Suárez Gullón; e Dna. Almudena Álvarez Carrera -de esquerda a dereita da imaxe-.
Máis asistentes e profesionais participantes na xornada de hoxe en Vigo
Dna. María José Villamarín Santomé -no centro da imaxe-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», durante a presentación da xornada de hoxe en Vigo. Á súa dereita, Dna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo chao» de Vigo; e á súa esquerda, Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra
Dna. María Asunción Pérez González, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo -á esquerda da imaxe- durante a presentación da xornada; con Dna. María José Villamarín Santomé -no centro da fotografía-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; e Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra
Dna. Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, durante a presentación da xornada
Dna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervención
Dna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervención
Dna. Almudena Álvarez Carrera durante a súa intervención

A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, con varios asistentes á xornada

Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, mércores 17 de novembro de 2021, en Vigo

O mércores 17 de novembro de 2021, celebramos a cuarta xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» pertencente ó convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e execución dun programa de prevención e sensibilización contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada tivo lugar en Vigo, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia -Rúa Concepción Arenal, 8. 36.201, Vigo, Pontevedra-; e estivo presentada pola coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé; e contou tamén coa participación da Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo, Dna. María Asunción Pérez González; así como da Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia en Pontevedra, Dna. Marta Mariño Regueiro.

A xornada consistiu nunha exposición e posterior coloquio dirixido por catro profesionais, baixo un enfoque multidisciplinar. As profesionais que nos acompañaron foron:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga especialista en intervención social.

Dna. Almudena Álvarez Carrera, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área de Violencia de Xénero.

Dna. María del carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

O público asistente foi moi numeroso, e tanto feminino como masculino, e participaron activamente do coloquio que se xerou ó remate das intervencións das catro profesionais.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 18 de novembro de 2021. Lugo

O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -anfitriona da xornada- e Tesoureiro da CoGaVe, D. Jesús Vázquez Varela -de chaqueta azul marino-; con Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» -de chaqueta laranxa, no centro da imaxe-; Dna. Paula Suárez Gullón -de xersei rosa, á súa dereita-; Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de verde, ó seu carón-; Dna. Sonia Calvo Tato -de cuadros-; Dna. Noelia Gómez Díaz -de chauqeta negra-; e máis asistentes á xornada
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe, durante a presentación da xornada de hoxe en Lugo

Dna. Sonia Calvo Tato durante a súa intervención
Dna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervención
Dna. María del Carmen Rivas Fernández e Dna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervención
Público asistente á xornada en Lugo
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, xoves 18 de novembro de 2021 en Lugo

O xoves 18 de novembro de 2021, celebramos a quinta xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada tivo lugar en Lugo, no local da Federación de Asociacións veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. Entrechán C. 27.003, Lugo-, e contou coa asistencia e participación dos seus Presidente, D. Jesús Vázquez Varela -ademáis de tesoureiuro da CoGaVe-, e Secretario -D. Luis Abel Fernández; Secretario, ademáis, da CoGaVe-.

A presentación correu a cargo da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé; e posteriormente consistiu nunha charla.coloquio de enfoque multidisciplinar, coa intervención de catro profesionais de disferentes perfís:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga experta en intervención social.

Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

O público asistente participo activamente na xornada, e tralas exposicións das catro profesionais tivo lugar un interesante coloquio.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 20 de novembro de 2021. Poio

Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; e o Instructor experto en Protección e Seguridade, e membro do clube «OVIEPOL» e da Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas, D. José Antonio Serrapio Ramos, que dirixiu esta xornada «Taller de Autoprotección para a Muller».
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; o Instructor experto en Protección e Seguridade, e membro do clube «OVIEPOL» e da Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas, D. José Antonio Serrapio Ramos, que dirixiu esta xornada «Taller de Autoprotección para a Muller»; e Dna. María José González López, Presidenta da Asociación de Mulleres En Igualdade de Poio, que se uniu tamén a esta xornada.
Foto de grupo dos participantes neste «Taller de Autoprotección para a Muller», con D. José Antonio Serrapio Ramos no medio da imaxe -Instructor experto en Protección e Seguridade e membro do clube «OVIEPOL» e da Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas, que dirixiu esta sesión práctica-; Dna. María José Villamarín Santomé, de chaqueta rosa, á súa dereita na imaxe, e coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; Dna. María José González López, Presidenta da Asociación de Mulleres En Igualdade de Poio, que se uniu tamén a esta xornada, á dereita do instructor na imaxe.
Imaxe do exterior do Ximnasio Municipal de Poio, onde tivo lugar este «Taller de Autoprotección para a Muller» dentro do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe.
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, sábado 20 de novembro de 2021 en Poio

Hoxe, sábado 20 de novembro de 2021, celebramos a sexta xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización desta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada de hoxe foi de tipo práctico, e levou o título de «Taller de Autoprotección para a Muller». Foi impartida polo Instructor experto en Portección e Seguridade e membro do clube «OVIEPOL» e da Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas, D. José Antonio Serrapio Ramos. Esta xornada complementa a realizada o pasado día 6 de novembro de 2021, de tipo teórico, na sede da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. 27.003, Lugo-, e levada a cabo polo tamén Instructor experto en Protección e Seguridade e membro do clube «OVIEPOL» e da Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas, D. Iván Rodríguez Zapico.

Esta sexta xornada tivo lugar en Poio, Pontevedra. Ó tratarse dunha sesión práctica e deportiva, tivo lugar no Ximnasio Municipal de Poio -Camiño da Fábrica, 25. A Seca. 36.995, Poio, Pontevedra-. Nesta xornada, ademáis de público aberto -tanto feminino como masculino-, participou unha representación da Asociación de Mulleres en Igualdade de Poio, encabezada pola súa Presidenta, Dna. María José González López.

A xornada estivo dirixida por Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», e tras unha breve presentación inicial deu paso á sesión práctica, dirixida polo Instructor D. José Antonio Serrapio Ramos.

Ó longo de máis de 3 horas de duración, o público asistente -feminino e masculino- tivo oportunidade de aprender e practicar, nun ambiente distendido, diversos exercicios e movementos de defensa, claves en situacións de risco para a propia vida.

A conclusión unánime foi clara: este tipo de sesións son moi útiles e deberían realizarse con maior asiduidade. Agardamos, polo tanto, que exista continuidade.

Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 13 de decembro de 2021. Sarria

Mesa de presentación da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria. De esquerda a dereita da imaxe: D. José Antonio García López, Concelleiro do Grupo Popular no Concello de Sarria; Dna. María Eugenia Valcárcel López, Concelleira de Igualdade do Concello de Sarria; D. Javier Arias Fouz, Delegado Territoria da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Dna. María José Villamarín Santome, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; e D. Jesús Vázquez Varela, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo e Tesoureiro da CoGaVe.
A pedagoga Dna. Paula Suárez Gullón, durante a súa intervención, na xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria.
A avogada e asesora xurídica Dna. Sonia Calvo Tato, durante a súa intervención da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria.
A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé -coa pomba símbolo da CoGaVe- e as tres profesionais que nos acompañaron na xornada de hoxe. De esquerda a dereita da imaxe: Dna. Paula Suárez Gullón, Dna. Noelia Gómez Díaz e Dna. Sonia Calvo Tato.
O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela, fixo entrega a Dna. María José Villamarín Santomé, da pomba símbolo da CoGaVe, pola coordinación do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero».
A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, recibiu a pomba sím,bolo da CoGaVe polo deseño, organización e posta en marcha de cada unha das xornadas do programa ó longo das catro provincias de Galciia.
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, luns 13 de decembro de 2021, en Sarria.

O luns 13 de decembro de 2021, celebramos a sétima e derradeira xornada -xornada de clausura- «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización desta lacra social que é a Violencia de Xénero.

Esta xornada de clausura tivo lugar en Sarria, no Hotel Alfonso IX -Rúa Peregrino, 29. 27.600, Sarria, Lugo-, ás 19h. e contou coa asistencia e participación do Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela -que é, tamén, Tesoureiro da CoGaVe-; e do Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugoi, D. Javier Arias Fouz; ademáis da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé.

Asistiron, ademáis, o Secretario da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -e Secretario da CoGaVe, D. Luis Abel Fernández, e máis membros das diferentes Asociacións Veciñais da provincia; así como os Concelleiros de Sarria D. José Antonio García López -Grupo Popular- e Dna. María Eugenia Valcárcel López – Concelleira de Igualdade no Concello de Sarria polo Grupo Camiña Sarria-.

A xornada de hoxe consistiu nunha charla multidisciplinar e posterior coloquio entre todos os asistentes -público feminino e masculino-.

As profesionais que nos acompañaron hoxe foron:

Dna. Noelia Gómez Díaz. Psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero. Traballadora no CIM -Centro de Información á Muller- de Sarria.

Dna. Paula Suárez Gullón. Pedagoga experta en intervención social.

Dna. Sonia Calvo Tato. Avogada e asesora xurídica.

A xornada contou tamén con momentos emotivos, como o agradecemento, por parte da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, a tódolos profesionais que nos acompañaron ó logo destas sete xornadas.

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, D. Javier Arias Fouz, manifestou o compromiso da Xunta de Galicia coa loita e a concienciación para a erradicación da Violencia de Xénero, materializada en programas como éste.

O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela, puxo en valor a importancia do tecido asociativo para a implementación de programas como éste, e valorou positivamente a implicación das Administracións neste eido, así como matizou a necesidade de seguir avanzando ata acadar a erradicación desta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada finalizou coa entrega ó Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. Javier Arias Fouz, do símbolo da CoGaVe: a pomba como metáfora da Liberdade do Movemento Veciñal, como recoñecemento á implicación da Administración á que representa na loita contra a Violencia de Xénero.

Ademáis, a coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. MAría José Villamarín Santomé, recibiu tamén a pomba símbolo da CoGaVe, polo deseño, organización e posta en marcha de cada unha das xornadas que conformaron o programa ó longo das catro provincias de Galicia.

Agardamos, desde a CoGaVe, que esta iniciativa obtivera os seus froitos e contribuíse a concienciar á sociedade sobre a importancia de loitar todos xuntos -mulleres e homes- contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.

Moitas gracias a tódalas persoas que nos acompañástedes ó longo de todo este programa. Xuntos lograremos o obxectivo.

GalegoEspañol