A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGAVe) está integrada por sete federacións veciñais:
Na provincia da Coruña: Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana e Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol «Roí Xordo».
Na provincia de Lugo, a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo «Lucus Augusti».
Na provincia de Ourense, a Federación de Asociacións Veciñais de Ourense «Limiar».
Na provincia de Pontevedra: a Federación de Asociacións Veciñais «Castelao» de Pontevedra, Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo e Federación Veciñal «O Facho» de Cangas do Morrazo.

O obxectivo fundamental da CoGAVe é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, e en especial os dos máis desfavorecidos (muller, infancia, familia, xuventude e minorías étnicas) no ámbito desta Confederación.
Son fins da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” a promoción e creación de servicios sociais necesarios para a comunidade, a promoción cultural da mesma, a defensa dos intereses xerais das veciñas e veciños, e do desenvolvemento de valores de convivencia, a creación das vocalías de muller, infancia familia e menores, xuventude, minorías étnicas e medio ambiente, tendentes á aparición de lazos sociais e solidariedade humana e á conservación do noso entorno.