Reunión da Comisión Permanente da CoGaVe na Coruña o 31 de maio do 2019-09-17
O 31 de maio do 2019 reuniuse na cidade de A Coruña a Comisión Permanente da CoGaVe. A esta xuntanza asistiron representantes das Federacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo, “Limiar” de Ourense, “Castelao” de Pontevedra, “O Facho” de Cangas do Morrazo, e a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana. En esta reunión abordáronse diferentes temas cos que están a traballar cada unha das Federacións que conforman a CoGaVe, así como aqueles nos que está a traballar directamente a CoGaVe.