Select Page

O vindeiro mércores 17 de novembro de 2021 celebraremos a cuarta das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente ó convenio asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a posta en marcha de dito programa de prevención e sensibilización contra a lacra social da Violencia de Xénero.

Esta xornada consistirá nunha charla-coloquio multidisciplinar, onde contaremos coa intervención de diferentes profesionais:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga experta en intervención social.

Dna. Almudena Álvarez Carrera, psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

Ás 19h. no Salón de Actos do Edificio da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo -Rúa Concepción Arenal, 8. 36.201, Vigo, Pontevedra-.

GalegoEspañol