Select Page
O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -anfitriona da xornada- e Tesoureiro da CoGaVe, D. Jesús Vázquez Varela -de chaqueta azul marino-; con Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» -de chaqueta laranxa, no centro da imaxe-; Dna. Paula Suárez Gullón -de xersei rosa, á súa dereita-; Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de verde, ó seu carón-; Dna. Sonia Calvo Tato -de cuadros-; Dna. Noelia Gómez Díaz -de chaqueta negra-; e máis asistentes á xornada
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe, durante a presentación da xornada de hoxe en Lugo
Dna. Sonia Calvo Tato durante a súa intervención
Dna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervención
Dna. María del Carmen Rivas Fernández e Dna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervención
Público asistente á xornada de hoxe en Lugo
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, xoves 18 de novembro de 2021 en Lugo

Hoxe, xoves 18 de novembro de 2021, celebramos a quinta xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada de hoxe tivo lugar en Lugo, no local da Federación de Asociacións veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. Entrechán C. 27.003, Lugo-, e contou coa asistencia e participación dos seus Presidente, D. Jesús Vázquez Varela -ademáis de tesoureiuro da CoGaVe-, e Secretario -D. Luis Abel Fernández; Secretario, ademáis, da CoGaVe-.

A presentación correu a cargo da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé; e posteriormente consistiu nunha charla.coloquio de enfoque multidisciplinar, coa intervención de catro profesionais de disferentes perfís:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga experta en intervención social.

Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

O público asistente participo activamente na xornada, e tralas exposicións das catro profesionais tivo lugar un interesante coloquio.

GalegoEspañol