Select Page

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, celebrará o vindeiro 10 de febreiro, na cidade de Lugo, unha nova reunión da súa Xunta Directiva.

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, celebrará unha nova reunión -a primeira do presente ano 2022- da súa Xunta Directiva, o vindeiro día 10 de febreiro, xoves, ás 11h. na cidade de Lugo.

No transcurso da mesma, fará balance do traballo realizado ata o momento, desde a derradeira reunión -celebrada o pasado 14 de outubro de 2021-, e marcará as liñas mestras das accións a levar a cabo desde a CoGaVe nos vindeiros meses.

Imaxe da reunión da Xunta Directiva da CoGaVe o pasado 14 de outubro de 2021 na cidade de Lugo.
GalegoEspañol