Select Page

O pasado 25 de febreiro, venres, a Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, presidida por D. Fernando Rois Rois, celebrou unha nova reunión, na cidade de Lugo.

No transcurso da mesma, abordáronse diversos temas de interese para a sociedade galega, e que marcarán a axenda da CoGaVe nas vindeiras semanas e meses.

Abusos das entidades bancarias; a factura da luz; a okupación ilegal de vivendas, e un longo etcétera foron as temáticas tratadas ó longo de dita reunión.

Asimesmo, procedeuse á aprobación das contas do exercicio do ano 2021; e realizouse un balance da VIII edición dos Premios CoGaVe «Crer no Movemento Veciñal», celebrada na cidade de Lugo o pasado 28 de novembro de 2021.

GalegoEspañol