Select Page
Nun escrito dirixido á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo, a Federación de Asociacións Veciñais  Lucus Augusti solicita “por ser urxente a rúa Frei Placido Rey Lemos da súa competencia directa, a reparación urxente do pavimento da rúa Frei Plácido Rei Lemos da cidade de Lugo. Así mesmo, achegamos fotografías do lamentable estado actual da mencionada rúa, cuxAs fochancas son inasumibles tanto en número como en dimensións e resulta incompatible cunha correcta circulación de vehículos e de viandantes, que son, cabe matizar, moi numerosos e de frecuencia diaria, xa que dita rúa atópase nas inmediacións directas do Parque Rosalía de Castro da capital lucense; ademais, da penosa imaxe que ofrece, tanto a turistas como aos propios lucenses. Desde a Federación instamos aos titulares da Concellería de Vías e Obras, a que acometan de forma urxente dita reparación”.

FONTE: XORNAL DE LUGO•   9 XUÑO, 2022
GalegoEspañol