Select Page

O Presidente da Deputación provincial de Lugo valora o “espírito de convivencia e boa veciñanza” que fomentan os premios Milagrosistas do Ano

O Presidente da Deputación provincial de Lugo, D. José Tomé Roca, asistiu á Gala dos Milagrosistas do Ano 2023, organizada pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito de A Milagrosa, integrada na Federación provincial de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» de Lugo -membro da CoGaVe-, que tivo lugar o pasado venres 21 de abril de 2023, no Restaurante «Manuel Manuel» de Lugo.

Sáb, 22/04/2023 – 02:22

PREMIOS

MILAGROSISTAS DO ANO

José Tomé Roca participou na gala de entrega dos galardóns organizados pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto aos deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nunha nova edición da gala de entrega dos premios Milagrosistas do Ano, celebrada no Restaurante Manuel Manuel da capital lucense.

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa organiza este evento, no que premiou a 20 persoas e entidades da provincia, “entre os que se atopan alcaldes e alcaldesas da nosa provincia, ademais de persoas e entidades do mundo da empresa, do comercio, da educación, do deporte, do terceiro sector, do fotoxornalismo ou dos Corpos e Forzas de Seguridade”, sinalou o mandatario provincial.

José Tomé felicitou aos premiados e á organización e mostrouse seguro de que “todos e todas seguiremos traballando por Lugo e por este barrio da Milagrosa no futuro, e confío en que sempre conservemos o espírito desta xuntanza: recoñecer o traballo ben feito e fomentar a convivencia e a colaboración en boa veciñanza”.

Entre os premiados están a Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico.

FONTE: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 22/04/2023.

GalegoEspañol