Comida de agradecemento da Festa da Filloa de Muimenta, na Terra Chá lucense
A comisión organizadora da Moexmu e da Festa da Filloa deste 2023 promoveu no recinto ferial Manuel Vila de Muimenta a tradicional comida de agradecemento para aquelas persoas que colaboran activamente e de forma totalmente desinteresada na organización destas citas, especialmente no tradicional evento do 1 de maio, no que este ano se bateu o récord de elaboración de filloas, ao despachárense preto de 20.000 unidades entre o público que acudiu á celebración gastronómica, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2008. Máis de medio cento de persoas compartiron unha entretida churrascada de confraternidade nunha das naves do recinto.
FESTA DA FILLOAMUIMENTAFESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA
Imaxes do xantar. C.PÉREZ
FONTE: EL PROGRESO 17/05/2023.