Select Page

A Favec – Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo, membro da CoGaVe, reclama ao novo Goberno local de Vigo, interlocución e máis atención ás parroquias

Por: Redacción

A súa presidenta, María Pérez, pide ao alcalde, Abel Caballero, que poña fin á súa política discriminatoria cos colectivos críticos.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) reclama ao novo goberno municipal “interlocución directa” co movemento asociativo sen diferenciar entre os que son críticos coa súa xestión e os que a aplauden, unha demanda que reitera desde hai anos.

A Favec tamén solicita ao novo equipo que liderará o Concello de Vigo que preste máis atención ás parroquias, con asfaltados de estradas deficientes ou inexistentes, sucidade, beirarrúas invadidas pola maleza e un servizo de transporte urbano que non cobre as necesidades dos cidadáns.

A presidenta da entidade veciñal, María Pérez, insiste na necesidade de que o alcalde, Abel Caballero, “escoite aos vigueses” e poña fin á súa política discriminatoria cos colectivos que mostran opinións contrarias ás súas. “As asociacións levamos a cabo un traballo altruísta recollendo as queixas dos veciños”, lembra.

FONTE: ONOTICIEIRO.GAL 30/05/2023

GalegoEspañol