Select Page

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» – Favec, membro da CoGaVe, atendeu as demandas veciñais da zona viguesa de Ramón Nieto, referentes á supresión, por parte do Concello de Vigo, do aparcadoiro.

Dita supresión veu motivada pola decisión, por parte do Concello de Vigo, da instalación de rampas mecánicas.

Os/as veciños/as da zona protestan pola supresión de moitas prazas de aparcamento, tamén, coa colocación de xardineiras de grandes dimensións.

Desde a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo «Eduardo Chao» – Favec, solicitan ó Concello de Vigo unha solución que se axuste ás necesidades reais dos/as veciños/as da zona.

Asimesmo, lembran que o enderezo de correo electrónico para a recepción de queixas e/ou suxerencias veciñais é: brigadasfavec@gmail.com

GalegoEspañol